'Foi. Antes de subir ó trapecio, a rapaza, vestida de pescadora, cantou. Na metade da canción dirixiuse á butaca que ocupaba él, e botoulle o sedal da cana, mentres lle dicía entre as risas de todos: "Pica, pica, pececito."
Volvéronse atopar ó día seguinte.
Él tiña un sombreiro de palla sobre dos ollos pra tornar o sol. Volveulle preguntar: "Lémbraste del?"
Sentiu os seus labios dela que se pousaban nos seus. Foi coma un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón. Despois, bicáronse. Bicáronse moitas veces. E ela apoiou a súa cabeza no peito del.
Pronto correu a noticia de que se vían no río. Na casa, rifáronlle. "O que me faltaba! -dixera seu pai- Un fillo titiriteiro!"
Pero seguíanse vendo ás escondidas.'
Sé feliz con lo que tienes, porque nunca sabes donde estará tu princesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario